Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Varias rúas de Ribadeo, Burela e Cervo reciben fondos para o seu arranxo

Por 21 Xuño, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O deputado popular mariñán no Parlamento galego, Daniel Vega, destaca que “un total de catro concellos mariñáns veranse beneficiados de máis de 331.000 euros en axudas directas da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para financiar nun 80% a execución de actuacións de humanización de rúas e urbanización e mellora de espazos públicos”.
O popular pon en valor estas achegas que o Goberno galego fará chegar aos Concellos de Ribadeo, Burela, Cervo e Mondoñedo en dúas anualidades -2019 e 2020- e que permitirán a creación ou mellora de infraestruturas urbanas nestes municipios. Concretamente, o Concello de Ribadeo recibirá preto de 83.000 euros para a renovación do pavimento da rúa Pintor Fierros. O Concello de Burela verase beneficiado con preto de 96.000 euros para acometer  actuacións de humanización da rúa Hórreo; mentres que o de Cervo recibirá unha achega de 98.600 euros para remodelar a rúa do Faro entre a praza da urbanización e o aparcamento. Mondoñedo obterá, pola súa banda, máis de 56.000 euros dirixidos á ampliación do camiño de Fondoso.
Vega pon en valor esta liña de axudas directas dirixida a concellos de menos de 50.000 habitantes; xa que pretende “humanizar vilas e pobos facéndoos máis accesibles e habitables ao mesmo tempo que teñen como obxectivo facer do rural un lugar máis atractivo para vivir e, polo tanto, contribúen a fixar poboación”.