O CD Ribadeo campeón da Copa Deputación Preferente/1ª Autonómica de Fútbol

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este domingo na entrega de trofeos da final da Copa Deputación de Fútbol 2019 na categoría Preferente/1ª Autonómica. Un partido que enfrontou ao C.D. Lemos contra o C.D. Ribadeo, no campo da Medela de Taboada, e no que os ribadense impuxéronse ao equipo de Lemos.

Campos Conde destacou “a importancia que ten a Copa Deputación á hora de crear sinerxias entre os equipos da provincia, unha competición que vai máis alá do fúbol. Grazas a este torneo moitas localidades poden desfrutar das promesas do fútbol lucense ao tempo que dinamizamos a vida dos Concellos co desprazamento dos equipos e de afeccionados”.

Todos os xogadores, así como o equipo arbitral, recibiron medallas como recordo do seu bo facer durante toda a competición.

Etiquetas