O Valadouro organiza un obradoiro de Radio Xuvenil da OMIX

A Oficina de Información Xuvenil do Concello do Valadouro vai organizar un Obradoiro de Radio para formar a rapaces e rapazas nas técnicas da elaboración de programas radiofónicos co coñecementos teóricos e exercicios prácticos, fundamentalmente.
Como complemento, farase un calendario de emisións paralelo, no que se sintan protagonistas do obradoiro..

Preténdese conseguir ao remate do proxecto que os participantes estean capacitados para realizar un programa de radio. Tamén potenciar a participación xuvenil, promover o traballo en equipo, situar o galego como instrumento de difusión da cultura e converter o programa nun elemento dinamizador do Concello do Valadouro e a súa bisbarra.

Os destinatarios son mozas e mozos de 12 a 30 anos e a as prazas está llimitadas.
As sesións do Obradoiro serán os martes e xoves de xullo e agosto de 17:00 a 20:00 ata completar un total de 40 horas. Finalmente o lugar seran as instalacións da Radio municipal.

Etiquetas