Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A Universidade da Coruña e a Fegamp analizan os retos da sustentabilidade na Mariña

Por 26 Xuño, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Desenvolver unha economía sustentable, tamén nos concellos da Mariña lucense, foi obxecto de análise na Universidade da Coruña, nunhas xornadas nas que participaron responsables da Federación Galega de Municipios e Provincias, a Fegamp, cuxo vicepresidente é o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Os expertos -coma Joaquín Suárez, director da cátedra Emalcsa na institución coruñesa-, debatiron sobre aspectos relacionados coa protección ambiental en campos coma o da xestión de auga e residuos, o patrimonio forestal e a preservación da biodiversidade.