Rematou a escola de maiores de Xove pero comeza este mes un obradoiro de memoria

Unha trintena de persoas de máis idade do Concello de Xove remataron a escola de maiores que ofrece cada ano o Concello. De feito, a finais do pasado mes de xuño, os participaron desfrutaron dunha comida no restaurante Louzao para despedir o ano. Pero quen queira seguir pode facelo grazas ao obradoiro de memoria que se impartirá ao longo do mes de xullo.

O Concello clarexa que o obradoiro de memoria dun mes será máis lúdico que as aprendizaxes que os maiores cursan durante o ano e ademais permítenlles entreterse ata á volta á escola que comezará en outubro, baixo ás ordes de Angélica Casabella.

Aparte, a xente maior pode sumarse as actividades que queira dentro das previstas polo Concello para este verán, nomeadamente ás do chamado ‘Móvete no verán’. Impartirase por exemplo aeróbic latino, a partires das dez e media da mañá, do 1 de xullo ao 12 de agosto.

Tamén se ofrece entrenamento funcional, os mércores, á mesma hora da mañá, do 3 de xullo ao 14 de agosto. A actividade física concreta para maiores impartirase os luns e os mércores, de 11.30 a 12.30 horas, dende o 1 de xullo ao 14 de agosto. As de pilates serán o venres a partir das 10.30 horas, dende o 5 de xullo ata o 16 de agosto e a ximnasia para maiores na auga, na piscina municipal, desenvolveráse os venres polas mañás, dende o 5 de xullo ata o 16 de agosto.

Etiquetas