Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Queixas por unha praga de mosquitos ocasionada polo amoreamento de madeira no peirao de Mirasol

Por 28 Xuño, 2019Sin comentarios

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, vén de enviarlle un escrito a Portos de Galicia alertando dunha praga de mosquitos ocasionada polo amoreamento de madeira no peirao de Mirasol.
Na carta, que vai acompañada dun informe da empresa especializada en pragas Sanal Control Medioambiental, o rexedor alude “ás innumerables queixas que se están a recibir por parte de veciños e negocios hostaleiros, principalmente próximos ao porto de Mirasol, aínda que, en menor medida, esta problemática está a detectarse en lugares mais afastados da nosa vila”.
No escrito sinala que “segundo constatou a empresa especializada en pragas Sanal Control Medioambiental, contratada polo Concello de Ribadeo, o foco desta praga está no amoreamento de madeira no porto de Mirasol, feito polos cal instáselles a tomar as medidas oportunas ao respecto para acabar con esta praga de mosquitos e as consecuentes molestias que están a ocasionar”.
O informe da empresa recolle que a orixe do problema está na madeira que hai depositada no porto desde hai meses, que sería necesario ou ben tratala ou ben retirala canto antes debido a que co calor o problema se agravará aínda máis. Ese informe de Sanal di que “los hoteles se enfrentan al comienzo de temporada alta con este gran contratiempo, ya que no consiguen eliminarlos de los ventanales de la habitaciones, aún limpiando y aplicando insecticida todos los días, o como bien se puede comprobar en las fotos también tienen incidencias en las comidas, lo que provoca una mala imagen de cara a los huéspedes”.
Sanal Control Medioambiental asegura ter comprobado que a praga se está a extender a todo o pobo en xeral e que as queixas están indo a máis: “cualquier aplicación va a ser inútil si no se elimina el foco”.