Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Aínda está aberto o prazo de preincrición en ciclos do CIFP Porta da Auga de Ribadeo

Por 29 Xuño, 2019Sin comentarios

Ata o 2 de xullo está aberto o prazo de preinscrición nos ciclos de construción, carrozaría e atención a persoas con discapacidade. Son os tres ciclos de FP Dual, que por primeira vez se ofertan no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, e que inclúen 1.400 horas de formación en empresas da zona e salarios para os participantes que roldan os 700 euros ao mes. Para Álvaro Doural, dinamizador da FP Dual, “esta formación ven solucionar un gran problema que hai en moitas zonas de comunidades de España, que é o distanciamento cos sectores produtivos”.
Dezaoito son as empresas que asinaron convenios co CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, para a posta en marcha da FP Dual, entre as que se atopan Industrial Recense, de A Pontenova, ou Mensajeros por la Paz, que falan do positivo desta experiencia e da importante demanda de traballadores que hai en ambos sectores, en carrozaría e tamén en atención a persoas con discapacidades.
Doural explica que “a nivel de formación hai que pensar que o perfil do alumno que vai ir á FP dual é distinto ao de formación regrada de FP de ciclo. Estamos falando dunha media de 1.400 horas de formación en empresa, vai recibir un salario sobre 700 euros ao mes e asegurado, como non podía ser doutra maneira. Creo que é un cambio importante. A xente que vai acceder a estes ciclos ven con gañas de formarse, cambia totalmente o período formativo, contan cun mes de vacacións nada máis e hai unha integración na empresa importante”.
Para Álvaro Doural “a formación dual ven solucionar un gran problema que hai en moitas zonas de comunidades de España, que é o distanciamento cos sectores produtivos. Creo que a formación dual é un paso importante para romper con elo, se somos capaces de poñer en marcha todo isto damos un paso de xigante non tan só na formación senón no desenrolo do futuro da Mariña e de Lugo”.
Á importancia da implantación da FP Dual no CIFP Porta da Auga referíronse Luis López, de Industrial Recense, de A Pontenova, y Natalia Zabaleta, de Mensajeros por la Paz.
Luis López dixo que “a importancia é total no senso de que se non temos rapaces cunha formación mínima básica e canto máis extensa sexa mellor, e encima estando nunha zona rural como estamos, no noso caso é fundamental ter un instituto cercano que nos poida aportar a solución. Nos últimos anos hai un crecemento destacado que fai que a demanda estea sendo importante tamén agora mesmo”.
E Natalia Zabaleta manifestou que “la importancia que tiene es ante todo dar formación en este sector ya que estamos faltos de personal en las localidades en las que tenemos residencias ahora mismo. Además de la formación la gente coge experiencia para el mundo laboral y sale con una preparación muy distinta a una formación básica de gerocultora o de auxiliar de clínica. La verdad es que notamos una falta de gente formada en el sector, sobre todo en la zona rural y en la costa también.”