Culminan cunha cea na Pontenova as actividades de manualidades e memoria

A concelleira de servizos sociais, Isabel Couto, informa da clausura, o venres 28 de xuño, das actividades de manualidades e de memoria nas que participaron deceas de veciños, principalmente, maiores.

O Concello programa xa novos cursos para o vindeiro ano para os que convén informarse cando remate o verán, aínda que xa neste comezo do período estival poden formalizarse as inscricións.

TEATRO. Entre as actividades máis señeiras para os veciños figura a escola de teatro municipal que precisamente o 6 de xullo estrea unha nova obra.

As persoas interesadas en formar parte do grupo poden chamar ao teléfono 982.342.277. Dende que se creara en 2012, a agrupación mantén, ou mesmo aumenta, o número de integrantes. A casa de cultura adoita ser o lugar onde teñen lugar as estreas das obras que ensaian en cada anualidade e normalmente suben o telón pola tarde ou á noite.

Etiquetas