Skip to main content
ActualidadeMondoñedo

A nova área de servizo que se está a construír na A-8 terá un punto de información turística de Mondoñedo

Por 30 Xuño, 2019Sin comentarios

A nova área de servizo que está a construír O Rei das Tartas ao carón da Autovía do Cantábrico, A-8, no Alto do Fiouco, contará cun punto de información turística de Mondoñedo.
Así o acordaron o responsable desta coñecida empresa, Carlos Folgueira, e a alcaldesa da localidade, Elena Candia, logo dunha reunión, co fin de promocionar e dar a coñecer os recursos turísticos do municipio.
Segundo os asinantes do acordo, trátase dunha noticia moi satisfactoria”, xa que está situada nunha das principais vías de comunicación non só da provincia, senón tamén de Galicia, ao conectar A Mariña e Lugo con Asturias e o resto da Comunidade.
Os obras do novo proxecto empresarial atópanse nun elevado grao de execución e dispoñen dun orzamento de arredor dos 1,3 millóns de euros. O punto de información súmase ao resto de servizos que prestará esta instalación como son o de repostaxe as 24 horas, restaurantes con terrazas na parte inferior e superior, parques e unha ampla zona de aparcadoiro para camións e todo tipo de vehículos. 
A entrada en funcionamento desta área tamén supón a creación de máis dunha ducia de postos de traballo.