Os independentes Por Viveiro piden á alcaldesa que se manteña a ubicación para ao Naseiro

Os indepententes de Por Viveiro manifestaron a súa postura sobre a situación da Romería do Naseiro, que deberá de celebrarse, coma cada ano, o cuarto domingo de agosto, no entorno do Val do Landro. Pídenlle á alcaldesa, á socialista María Loureiro, que manteña a ubicación da festa e o descenso humorístico polo río.

A Romaxe do Bo Xantar leva celebrándose dende o seu nacemento na mesma ubicación. Durante os últimos anos, as diferentes administracións foron invertindo considerablemente na mellora da zona para garantir a celebración da romería, con seguridade para os participantes e protección do medio ambiente. 

Por Viveiro opina que seguramente poderanse establecer máis e mellores medidas, para que o impacto da romería no Río Landro sexa o menor posible, e se garanta unha total protección do medio. 

Por Viveiro, mantivo contacto esta semana coa comisión organizadora co fin de escoitar as medidas propostas por Augas de Galicia e interesarse pola situación da multa imposta á organización. 

“A multa ao descenso humorístico do Landro é totalmente absurda, e só pode ser froito do descoñecemento. Centos de persoas participan nun descenso que dura aproximadamente tres horas e que non supón ningún impacto no medio natural, máis que o de centos de persoas disfrutando do río e dun paraxe natural único. Imaxinan vostedes a suspensión da proba internacional de descenso do Sella, por poñer un exemplo, co mesmo argumentario de Augas de Galicia? Ou a prohibición do baño nas praias, polos danos posibles á fauna mariña?”, preguntan os independentes. 

Así mesmo indicaron: “As medidas de separación entre a festa e o río, fan inviable a realización da festa nun recinto no que se gastaron miles de euros públicos en acondicionamento para a celebración da romería. Dende Por Viveiro, instaremos na reunión do vindeiro martes no Concello a non acatar as estrictas medidas de protección de Augas de Galicia”.

“Resulta incrible que a Xunta de Galicia se preocupe por un descenso humorístico de 3 horas, cando as veciñas e veciños de Viveiro, levamos anos agardando a reparación do emisario que contamina a nosa ría os 365 días do ano, así como a limpeza dos nosos ríos que en moitos tramos se atopan nun estado lamentable, pola falta de atención desta administración pública”, sentencian. 

Etiquetas