Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A Deputación destina 370.000 euros á mellora de dotacións públicas en 2 concellos

Por 1 Xullo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A xunta de Goberno da Deputación aprobou un investimento de case 370.000 euros para mellorar servizos e dotacións públicas nos concellos do  Valadouro e Xove, coas que mellorar o día a día dos veciños destes municipios.
Concretamente, as actuacións que se aprobaron son 62.291 euros no Valadouro cos que realizar un cerramento e cuberta no acceso que vai dende o colexio ata o polideportivo; para a compra de terreos para ampliación do cemiterio municipal e adquisición de equipamento para o centro de formación co obxectivo de acadar a homologación do módulo de agricultura ecolóxica.
E 339.500 euros en Xove para realizar obras de acondicionamento dun treito de 2,4 quilómetros da estrada LU-P-2601, de Xove ao Portiño de Morás, comprendidos entre os puntos 0,4 e o 2,8.