Campamento infantil e paellada popular na Pontenova

A concellaría de servizos sociais da Pontenova, que rexe a socialista Isabel Couto, informa sobre o campamento infantil que se vai a organizar durante a última semana de xullo e a primeira de agosto para nenos dende catro anos de idade e adolescentes de ata 16 anos. Os rapaces desfrutarán de variadas actividades e tamén de dúas excursións.

Ademais, a directiva do Centro de Actividades Turísticas, CIT, da Pontenova, invita a todo o que queira, a achegarse á localidade para degustar a paella popular que se vai preparar o 3 de agosto. Animan, tanto aos veciños, coma aos visitantes, a coñecer a zona a través das paraxes do río Eo ou das súas rutas de sendeirismo.

Etiquetas