13 Concellos da Mariña impulsarán o fomento da igualdade con axudas que superan os 216.000 euros

Un total de trece Concellos da Mariña impulsarán o fomento da igualdade con axudas que superan os 216.000 euros. Trátase dunha iniciativa extraordinaria e necesaria para traballar na sensibilización e atallar algo tan importante como é a violencia de xénero.

Concretamente, as entidades locais da provincia recibirán ao abeiro desta medida case 700.000 euros, dos que o 31% son para as da Mariña. Neste senso, os Concellos beneficiados son: Alfoz, O Valadouro, Barreiros, A Pontenova, Trabada, Lourenzá, Riotorto, Burela, Ribadeo, Mondoñedo, Xove, Viveiro e Ourol.

As subvencións, ademais das accións indicadas, tamén están destinadas ao fomento da conciliación e apoio do Centros de Información ás Mulleres (CIM). Son precisamente estes Centros os que reciben unha maior dotación orzamentaria. Nesta comarca, que son os de Burela, Ribadeo e Mondoñedo, a achega que perciben é de 147.470 euros, e está dirixida a financiar os custos do persoal que traballa nestes centros, en concreto os postos de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Etiquetas