Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Lourenzá prepara a súa festa campesiña que cambiará de ubicación

Por 2 Xullo, 2019Sin comentarios

O concelleiro de cultura do goberno socialista laurentino, Manuel Arango, avanzou que xa están en plenos preparativos da terceira edición da Festa Campesiña, que está previsto que se celebre, ou ben a finais deste mes, ou ben, a comezos de agosto.
A festa foi aprobada no Plan Único e a organización adoita cambiala de ubicación, para facela máis atractiva e aproveitar os fermosos enclaves da localidade. Por exemplo, noutra edición fíxose nas inmediacións do Pazo de Tovar.
“Estamos barallando varias opcións para este ano, como por exemplo a contorna da igrexa de San Xurxo, pero aínda non o sabemos con seguridade”, matizou Arango. Á festa é habitual ir vestido de labrego para desfrutar de comidas campestres ao son da música tradiciona. Adóitase organizar unha cea como remate da xornada.
FABA. Na festa campesiña tamén se promociona a faba de Lourenzá. Os organizadores da Festa da Faba, que se celebra en outubro, xa están traballando nos seus preparativos. “Temos un encargado, estamos mirando quen será pregoeiro, é dicir, hai que traballalo desde xa mesmo”, engade o concelleiro, quen tamén está traballando na organización da cuarta edición do certame de teatro de novembro.