Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

O Vicedo programa sendeirismo e xeorutas cos mércores da natureza, durante o verán

Por 2 Xullo, 2019Sin comentarios

Comezan as actividades de verán no Concello do Vicedo co primeiro dos  mércores de natureza, unhas actividades que se celebran todos os  mércores de xullo e agosto e que tratan de amosar a natureza da localidade desde  diferentes puntos de vista, ben sexa en sendeirismo, ben en rutas en  kayaks, ben mixtas ou mesmo a través de rutas máis específicas como as xeolóxicas. De feito, se teñen programado dúas xeorutas por primeira vez neste concello (unha en xullo e outra en agosto).
O mércores día 3 será a primeira das actividades de presentación, cun paseo en kayaks e  táboas de paddle Sup. Será ás cinco da tarde, na praia de Abrela, e estará destinada a  maiores de 12 anos, cun prezo especial de 10 euros por persoa .
As persoas interesadas en informarse e apuntarse aos mércores da natureza poden facelo chamando ao teléfono 982 59 01 95.