Skip to main content
ActualidadeMar AMARIÑAXAViveiro

Viveiro esta a axilizar as obras no peirao

Por 2 Xullo, 2019Sin comentarios

Dende o Concello de Viveiro estan facendo todas as xestións posibles para axilizar as obras que se están a executar no peirao de Viveiro, transmitindo a Portos de Galicia o malestar de veciños e comerciantes ante o prexuízo ocasionado polo peche desta área de estacionamento.
Co inicio do periodo estival e o incremento de visitantes esta carencia faise máis notable; no día de onte, coincidindo co mercado semanal, xa houbo problemas para estacionar e é evidente que a próxima semana, coa celebración do Resurrection Fest e os miles de persoas que chegarán a Viveiro, a situación vai ser moito peor.
Sen querer entrar en enfrontamentos, solicitan que, dentro das posibilidades técnicas, as obras se axilicen todo o posible e se autorice a apertura do estacionamento durante a celebración do Resurrection Fest, tendo en conta, así mesmo, que na Xunta Local de Seguridade celebrada no día de hoxe, coa Subdelegado do Goberno en Lugo, tamén se plantexou a necesidade que este espazo se abrise durante a celebración do festival.