As principais rúas de Lourenzá estarán en obras este verán

Lourenzá verá como o seu principal viario do casco urbán, así como tamén algunhas rúas e o enlace coa N-634 ata a glorieta, estarán en obras nun prazo moi breve de tempo. Deste xeito, aproveitarase o bo tempo previsible no verán e o feito de que xa foron licitadas estas actuacións, financiadas con fondos da Deputación Provincial de Lugo.

Vaise procurar que, pese a que os obras afectan ás principais vías do casco urbán, se fagan de xeito que non entorpezan demasiado a circulación e a vida normal na vila.

Etiquetas