Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Portos de Galicia lamenta a falla de rigor do Concello á hora de determinar a orixe da praga de mosquitos de Ribadeo

Por 3 Xullo, 2019Sin comentarios

Portos de Galicia aclara que neste momento non é posible determinar a orixe da praga de mosquitos que estes días afectan á vila lucense de Ribadeo. Así se desprende da inspección realizada polo ente público no parque de madeira situada no peirao de Mirasol xunto con representantes das empresas consignatarias e madeireiras. Portos de Galicia realiza esta supervisión tras constatar a imprecisión do informe do concello que sinala como foco desta situación á madeira, xa que non incluía a visita á zona teoricamente afectada por parte da empresa que o realizou. Neste sentido, lamenta a falla de rigor do concello á hora de difundir certas afirmacións que cando menos se consideran incompletas, xa que a orixe dos mosquitos segue sen estar clara. 
Da inspección realizada por Portos no peirao de Ribadeo, á que si asistiu un técnico da empresa autora do informe que o concello de Ribadeo remitiu a Portos de Galicia, despréndese que actualmente segue sen ser concluínte que a orixe dos mosquitos sexa a madeira e que son necesarias mostras. Unhas mostras que tomou hoxe a empresa durante a visita á zona coa finalidade de elaborar un novo informe que clarifique o elaborado anteriormente. 
A inspección realizada hoxe tamén reflicte que a retirada da madeira e a limpeza da superficie non garante a fin da praga, pois non está clara que a orixe sexa esa e que unha posible fumigación sería inviable a nivel medioambiental e de operatividade. 
Ademais esta supervisión evidencia a necesidade dun novo informe que vai ser realizado pola empresa que elaborou o primeiro escrito. Este informe será complementado con outro externo por parte dos operadores. Estas accións enmárcanse na colaboración entre Portos de Galicia e as empresas que teñen a madeira acopiada no porto de Ribadeo para clarificar a situación.