Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Ribadeo vive unha festa en torno ao libro, con actividades infantís e sorteo de alimentos

Por 6 Xullo, 2019Sin comentarios
O venres 5 de xullo abría as súas portas no parque de San Francisco  de Ribadeo a feira Letras no Campo, que se prolongará ata o vindeiro domingo. Nove son as casetas nas que outras tantas librarías presentan as súas propostas para a lectura de adultos e nen@s. Ademáis haberá presentacións de libros durantes estes días, música, teatro, obradoiro de cociña para os/as máis pequen@s da casa e por cada compra superior a 10 euros darase un boleto para o sorteo dun atado de libros e unha bolsa con produtos da horta.
A feira ribadense do libro foi visitada polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Cultura, Pilar Otero.