Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Dez bibliotecas da Mariña reciben unha axuda

Por 7 Xullo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución das axudas a entidades locais para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e axencias de lectura de titularidade municipal das que se beneficiarán un total de 154 localidades.
Cun orzamento de preto de 200.000 euros, estas subvencións están destinadas á realización de actividades de animación á lectura no marco do programa Ler conta moito, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal.
Na Mariña recibiron subvención dez centros:

Alfoz Biblioteca Pública Municipal de Alfoz 1.026,31 €
Burela Biblioteca Pública Municipal de Burela 1.026,31 €
Cervo Biblioteca Pública Municipal San Cibrao 1.026,31 €
Lourenzá Biblioteca Pública Municipal Juana de Ibarbourou 1.026,31 €
Ourol Biblioteca Pública Municipal de Ourol 1.026,31 €
Ribadeo Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho 1.026,31 €
Valadouro, O Biblioteca Pública Municipal do Valadouro 1.026,31 €
Vicedo, O Biblioteca Pública Municipal do Vicedo 1.026,31 €
Viveiro Biblioteca Pública Municipal de Viveiro 1.026,31 €
Xove Biblioteca Pública Municipal de Xove 1.026,31 €

Para optar a estas axudas, as bibliotecas ou axencias de lectura deben estar adheridas a este programa mediante o cal poñen a disposición dos profesionais dinamizadores as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento efectivo de cada actividade contratada, organizar puntualmente cada función e colaborar nas accións complementarias ás actividades para o seu maior aproveitamento por parte dos usuarios.
O importe concedido a cada concello, superior a 1000 euros para cada unha das 190 bibliotecas ou axencia beneficiarias, deberase empregar para financiar o 75% do custo de cada unha das actividades e deberase financiar con fondos propios o 25% restante.
As actividades incluídas nesta iniciativa son moi diversas, desde obradoiros creativos, narración oral, divulgación do coñecemento, audiovisual na biblioteca ou actividades de dinamización con música, teatro e danza, entre outros. Todas estas iniciativas están dirixidas a públicos específicos, como bebés de 0 a 3 anos, mozos e adultos e desenvolveranse ata o 27 de outubro de 2019.