Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Os residentes da Regueira de Ribadeo organizan a súa terceira comida anual para o día 20

Por 7 Xullo, 2019Sin comentarios

Os residentes nas rúas Diputación e San Lázaro, na zona coñecida popularmente como A Regueira, están organizando a súa terceira comida anual, que terá lugar o día 20 deste mes (sábado) no restaurante Voar, de Ribadeo, a partir das 14:30 horas.
O prezo da comida é de 30 euros e as tarxetas para participar neste encontro vecinal poden adquirirse na tenda de Sargadelos, situada na rúa Reinante, número 22, da vila ribadense, ata o día 18, xoves.
Os organizadores sinalan que “despois do éxito dos xantares celebrados o ano pasado e o anterior, estamos preparando este terceiro encontro”. E animan “a todas aquelas persoas que nalgún momento da súa vida residiron neste barrio a asistir a esta comida, na que recordaremos vivencias do noso paso por esta zona de Ribadeo”.
As persoas interesadas en obter máis información sobre este evento poden dirixirse aos seguintes contactos e teléfonos: Mª Carmen Pillado (600.277.791), Paco Roibás (639.136.601) e Manolo Álvarez (649.979.036).