Skip to main content
ActualidadeRibadeo

As bandeiras azuis e Q de calidade turística xa locen nas praias ribadenses

Por 8 Xullo, 2019Sin comentarios

Tivo lugar o izado das bandeiras azuis e Q de Calidade Turísticas nas praias de As Catedrais, Os Castros e As Illas. O acto central foi presidido polo alcalde, Fernando Suárez, ao que acompañaron os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Pablo Vizoso e Jorge Díaz. Tamén asistiron representantes do Real Club Náutico de Ribadeo e de Acisa, así coma o vicepresidente de Adeac, José Palacios. O himno do antigo reino de Galicia interpretado polas gaitas soou esta mañá ao pé de Augasantas.
O rexedor na súa intervención dixo que “levamos varios anos traballando intensamente e neste ámbito por todo o que levo vivido estes anos, incluso por unha desgraza terrible que aconteceu aquí hai uns meses e que non era no ámbito de actuación dos socorristas, lévanos a extremar as precaucións e dentro das competencias que poidamos ter os Concellos, que está limitada ao salvamento, á limpeza, etc, e a dar o mellor de nós”.
Suárez Barcia manifestou que “temos 14 prazas de socorrismo cubertas, fixemos dúas convocatorias, temos 4 vacantes e seguramente volveremos a sacar outra para a vindeira semana, porque a día de hoxe aínda que temos cuberto todo o que require bandeira azul hai praias urbanas como Os Bloques nas que non temos xente abonda. Creo que da Mariña somos dos que máis intentamos contratar no período, con máis altos emolumentos, que tampouco serán nada do outro mundo, pero supoñen un esforzo importante. E estaremos sempre da man de Adeac. Son bastante duros, fan inspeccións sen avisar e bótannos algunha bronca, que sempre nos serve para mellorar”.
O alcalde ribadense engadiu: “vexo que hai outros Concellos non moi distantes que non apostaron por este sistema de recoñecemento medio ambiental e de salvamento, nosoutros si que o fixemos. Tivemos un susto hai uns anos no que nos quedamos sen bandeira, non querería por nada mundo que iso volvese ocorrer. Pídovos responsabilidade, que cumprades cos vosos quefaceres, cos vosos horarios. Sodes xente nova, pero madura ao mesmo tempo, que ides arriscar a vosa vida para salvar a doutros. Oxalá que non teñades que tirarvos unha sola vez ao mar, oxalá todo sexan picaduras de faneca brava u micro cortes, pero si hai algo sabedes que tedes que dar o mellor de vós. No nome do goberno municipal e da Corporación tamén pero especialmente de Jorge, que é o concelleiro de Praias, e de Pablo que é o concelleiro de Turismo, e das outras persoas que nos acompañan aquí, que teñades un bo verán e defendede sempre a Ribadeo, ás súas xentes e aos seus visitantes”.
O vicepresidente de Adeac, José Palacios, sinalou que “desde que Fernando está de alcalde, se preocupó un montón de que Ribadeo tuviera bandera azul y que diera un nivel de calidad a las playas a las que tanta gente viene. As Catedrais es lo segundo más visitado de toda Galicia, después de la Catedral de Santiago, y me parece que es una buena idea por parte del alcalde que su municipio esté dando niveles de calidad medio ambiental y de seguridad”.
Palacios destacou o traballo do servizo de socorrismo nas praias con bandeira azul en todo ou país “cada vez hai menos socorristas en Galicia. É un problema que tamén estamos tendo en Cataluña, en Baleares, e na costa valenciana. O problema é moi claro, queremos máis socorristas? Imos pagarlles, tal e como corresponde, a profesionais que ao final xogan coa vida humana, imos subirlles o soldo, imos ampliar a tempada e imos subvencionar os cursos de formación e xa veredes como así haberá máis socorristas”.
Ribadeo tamén conta con bandeira azul no sendeiro que vai dende o faro de Illa Pancha ata As Aceas.