O BNG do Valadouro apoiou ao candidato do PSOE na súa investidura como alcalde

Os resultados electorais do 26 de maio no Valadouro mostraron o descenso do PSdeG-PSOE e mais do PP e o aumento de apoios e de representación municipal do BNG. A nova composición da corporación municipal (PSOE 4, PP 4, BNG 2 e UDIVAL 1), confirma unha vez mais, ao igual que hai 4 anos a ausencia de maioría absoluta neste concello. Neste escenario, os partidos que desde 2015 ata 2019 gobernaron o concello conxuntamente, Psoe e Bng, despois do pasado 26 de maio iniciaron conversas para conformar un novo goberno de progreso para o Valadouro, asinando o 15 de xuño un acordo para gobernar o Valadouro no período 2019 – 2023.

O primeiro punto de dito acordo que decía textualmente “os concelleiros electos do BNG do concello de O Valadouro comprométense a apoiar, emitindo o seu voto favorable, a investidura como alcalde do candidato do PSdeG – PSOE, Edmundo Maseda”, foi cumplido ao pé da letra polos concelleiros do Bng, que o 15 de xuño no pleno de investidura votaron ao candidato do Psoe para alcalde.
Nestes términos foi nos que se expresou Eduardo Chao na rolda de prensa celebrada no día de hoxe, que insistiu na lealdade que o Bng amosou despois de ter asinado o pacto de goberno, algo que non fixo o Psoe.

Chegouse a esta situación pola irresponsabilidade do PSdeG-Psoe que non actuou coa mesma lealdade que o Bng
Non houbo a mesma corresponsabilidade nin a mesma lealdade por parte do PSdeG-Psoe no pleno de organización celebrado o 28 de xuño, pois non se levaron a pleno todos os puntos do acordo de goberno que asinaran as dúas formacións políticas o día 15 de xuño, e o que é mais grave: ocultando información, pois os concelleiros do Bng á hora de empezar o pleno non dispoñían das propostas que a alcaldía levaba a esa sesión tan importante.

O BNG non vai permitir que se difundan falsas informacións a respecto do comportamento dos concelleiros do BNG
Todo o que aconteceu despois desta data é coñecido, pero “o Bng non vai permitir de ningún partido político, e neste caso do PSdeG-Psoe que se difundan bulos e falsas informacións sobre o comportamento dos seus concelleiros no Valadouro, que actuaron sempre con lealdade ata que os socialistas racharon o acordo” afirmou Antonio Veiga, en representación da executiva comarcal do BNG.
Tamén explicou Eduardo Chao a alternativa que lle trasladou a Edmundo Maseda antes do pleno de organización cando (despois de ter asinado o acordo), o edil socialista propuxo reducir a asignación ao Bng. A oferta de Chao foi rebaixarense cada unha das formacións o 50% das cantidades asinadas no acordo, algo ao que o Psoe a día de hoxe ainda non lle deu resposta.

Desde a formación nacionalista, o seu portavoz no Valadouro, Eduardo Chao manifestou a disponibilidade da súa organización de dialogar co PSdeG-Psoe, se estes queren un acordo de goberno de progreso para o Valadouro, algo polo que apostou sempre o Bng, como demostrou nos últimos catro anos, facilitando un goberno progresista donde os nacionalistas foron peza clave.
“Eso sí, ese novo acordo de goberno, se o Psoe está disposto a traballar por el, será empezando as negociacións desde cero, e poñendo por enriba de todo o interés xeral das veciñas e veciños do Valadouro e basado no respeto e na lealdade”, manifestaron Eliseo Teijeiro e Eduardo Chao.

Etiquetas