Paco Nogueiras estará en Ourol co seu traballo musical Radio Bulebule

Paco Nogueiras estará o mércores 10 de xuño ás 11:00 horas, no pavillón municipal de Ourol, co seu traballo musical Radio Bulebule.

O medio radiofónico é o inspirador deste espectáculo recollido tamén nun libro-CD composto de doce cancións en que a modo de programación dunha peculiar emisora non faltan a sintonía de entrada, a axenda cultural, o faladoiro, o magazine de variedades, a música, as noticias, o deporte, a previsión metereolóxica…

Paco Nogueiras convidará ás persoas que se acheguen a participar e a vivir en directo dunha radio itinerante, ambulante e cantante, chea de colorido e expresividade, e con composicións e melodías de ritmos modernos, pegadizos e bailábeis.

O espectáculo está recomendado para nenas e nenos entre os 3 e os 12 anos e as súas familias. A entrada será gratuíta.

Etiquetas