A capitá do Pescados Rubén Burela renova para a vindeira tempada

A capitá Bea Mateos e o Pescados Rubén Burela FS tamén formalizaron o seu acordo para a renovación da salmantina na tempada 2019-20, co que cumprirá xa sete tempadas vestida de laranxa.

Con esta nova renovación segue tomando peso e forza o novo proxecto das guerreiras laranxas, apostando polo mantemento do bloque das campioas de I Copa de SM A Raíña (Burela, 2019). Coa 14 burelista, xa son cinco as xogadoras que continúan, con Peque, Dany, Ana Romero e Cilene, ademais da incorporación de Ale de Paz, dende o Poio Pescamar FSF.

Deste xeito o Pescados Rubén Burela FS mantén pezas fundamentais do proxecto para afrontar a nova tempada con totais garantías para loitar un ano máis polo título e a Copa; con elas, as fichaxes que poidan chegar.

Etiquetas