O 20 e 21 de xullo será a V Xuntanza moteira da Pontenova

O 21 de xullo terá lugar na Pontenova unha nova edición da V Xuntanza moteira organizada pola Asociación Moteira Motoreo A Pontenova.

A xuntanza dará comezo ás 9:00 horas coa apertura de inscricións para o xantar. Ás 10:30 sairá a ruta que contará cunha parada e pinchos.

Ás 14.00 será a sesión vermú a cargo de Os Piñeiros Band, e a continuación tocará xantar no que estímase que haberá xamón cocido, cachelos, polbo, sobremesa e café.

Haberá tamén unha carreira de sacos e torneo de billarda. Ás 19:00 o mago Roberto Lolo actuará para os máis pequenos.

Haberá diferentes prezos según o día da inscrición, o sábado 20 terá un prezo de 16 euros e incluirá cervexa de benvida, cea e agasallo; o domingo 21 terá un prezo de 25 euros, e inclúe cervexa de benvida, as consumicións na ruta, o xantar e un agasallo. E ambos días 40 euros.

As inscricións que se fagan nos días propios do evento incrementaranse 5 euros.

Etiquetas