A Garda Civil detectou a un centenar de condutores baixo a influencia do alcohol e as drogas no Resu

A Garda Civil detectou a máis dun centenar de conductores tras ter consumido alcohol e drogas no operativo de seguridade vial con motivo do Resurrection Fest. Foron identificadas 2.000 persoas en 270 turismo e autobuses.

Uns 147 condutores poderían perder entre catro e seis puntos do permiso de condución por ter sido detectados conducindo tras consumir alcohol ou drogas.

Os pasaxeros de vehículos asistentes ao festival se prestan voluntario para evitar a inmovilización doutros vehículos cuxos condutores deron positivo, segundo os axentes.

Realizáronse doce controis de seguridade vial en localidades limítrofes nos que se detectaron 215 infraccións da Lei Orgánica 4/2015.

Non tiveron lugar sucesos destacables pero merece mención que se detectaron a 27 condutores con taxas de alcohol superiores a ás permitidas, sendo investigados algúns deles por delitos contra a seguridade vial, y 120 por consumo de drogas.

Houbo máis incidencia de condutores detectados baixo o influxo das drogas, cuxa mera presencia no organismo xera a comisión dunha infración administrativa, cunha sanción de mil euros e a detracción de seis puntos no carné.

Ademais, foi detectado un conductor coa perda da vixencia do permiso de circulación por ter esgotado todos os puntos, polo que lle foron instruídas dilixencias para a súa remisión ao xulgado.

A Garda Civil aconsella recurrir nestes casos á figura do “conductor alternativo” (conductor que non consume ditas substancias).

Etiquetas