Dez mil euros para a reparación do Círculo Habanero da Devesa en Ribadeo

O PP de Ribadeo destaca a “vontade de colaboración por parte da Xunta de Galicia coas entidades asociativas de Ribadeo”. Unha mostra constitúea a achega de preto de 10.000 euros para a mellora das instalacións do Círculo Habanero por parte do Goberno galego despois das xestións realizadas polos populares.

Os populares sinalan “a importancia da recuperación e conservación do legado indiano -de Cuba, concretamente- que existe en Ribadeo”. Nese sentido, poñen en valor “a renovación dos maineles das ventás no edificio central do Círculo Habanero”. Así mesmo, explican que “estas axudas do Goberno galego a entidades asociativas fixeron posible a rehabilitación da escola habanera da Devesa onde se renovou o chan e a rede eléctrica; ademais de pintar as súas paredes e dotar de sillas ás súas instalacións para facilitar o seu uso para distintas actividades por parte dos veciños e veciñas”.

A responsable popular de coordinación coas asociacións, Marta Saiz, sinala que “seguimos traballando, colaborando e apostando polas entidades asociativas”. Nesa liña, avanza “novas actuacións das que se verá beneficiado o Círculo Habanero de Ribadeo”.

 

Etiquetas