Skip to main content
ActualidadeViveiro

O teatro Pastor Díaz acolle hoxe un concerto de música antiga promovido pola Deputación

Por 11 Xullo, 2019Sin comentarios

O  teatro Pastor Díaz de Viveiro será mañá o escenario dun novo concerto do ciclo “Sons do tempo”. Esta actuación que corre a cargo do grupo Lucus Ensemble, e forma parte dun proxecto para promover o estudo e a difusión da música medieval que promove a Deputación de Lugo. A cita será ás 20:30 horas, e a entrada é gratuíta ata completar aforo.
A mostra O Son do Tempo enmárcase nun proxecto máis ambicioso do Goberno da Deputación para a recuperación o noso patrimonio cultural. O obxectivo desta iniciativa é o estudio, a divulgación, o préstamo de pezas, así como a promoción da música medieval para o público en xeral nos 67 Concellos da provincia.
Esta cita contribúe a poñer en valor as nosas tradicións e a nosa cultura, como neste caso, os sons medievais tan arraigados na nosa historia. Paralelamente a estes concertos a Capela de Santa María de Lugo acolle unha exposición de réplicas de instrumentos medievais da Deputación, que recolle unha boa parte da colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII. 
O Grupo lucense Lucus Ensemble esta formado por músicos de recoñecido prestixio, e esta considerado un dos principais referentes da música de cámara da provincia. Este grupo está formado por trece compoñentes (once instrumentistas e dous vocalistas), e goza dun prestixio gañado a pulso ao longo dos case cinco anos da súa existencia, e dos seus múltiples concertos e repertorios diferentes. 
Este ciclo de concertos comezou no mes de abril en Antas de Ulla e xa visitou os Concellos de Monforte de Lemos, Portomarín, O Saviñao e Castroverde. As vindeiras datas nas que actuará Lucus Ensemble son as seguintes; Alfoz, 15 de setembro na Igrexa do Castro, ás 19:00 horas e para rematar na Catedral de Lugo, o día 13 de outubro, ás 17:00 horas.