O Vicedo pon en marcha un obradoiro de consumo responsable

O Concello do Vicedo ven de poñer en marcha un obradoiro de consumo responsable para o día 23 de xullo.

Este obradoiro ten o título Xoqueteando: un lecer diferente e está destinado a nenos de 3 a 6 anos e será de 10 a 11 horas.

Máis tarde será a quenda da Xincana do consumo activo para nenos de 7 a 12 anos e será de 11.30 a 13 horas.

Todas estás actividades serán na Casa da Cultura do Vicedo e hai prazas limitadas.

Etiquetas