Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

A II Edición do Concurso fotográfico Turismo O Vicedo xa está en marcha

Por 12 Xullo, 2019Sin comentarios

A II Edición do Concurso fotográfico Turismo O Vicedo xa está en marcha.

O tema escollido fará referencia a O Vicedo e a súa cualidade como destino turístico. Contendo aspectos relacionados con isto: riqueza paisaxística, natural, cultural ou artística.

Nas imaxes deberase apreciar claramente que se trata de paisaxes, lugares, celebracións ou manifestacións culturais relacionadas co concello. Ademais, deberá indicarse onde e cando foi tomada a fotografía.

As fotografías presentaranse en papel, cun tamaño mínimo de 30 x 45 cm e máximo de 40 x 60 cm. E cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías. Todos os participantes deberán enviar ademais, os arquivos en formato jpg.

As fotografías poderán ser entregadas presencialmente na Casa da Cultura do Vicedo e a data límite de presentación será o martes 6 de agosto de 2019 ás 14:00hs.

O fallo do Xurado será feito público o día 7 de agosto de 2019 e será inapelable. E establécense dous premios, o primeiro de 450 euros e o degundo de 250. A entrega realizarase nun acto público o xoves día 8 de agosto de 2019 ás 21:00hs na Casa da Cultura do Vicedo.