Skip to main content
A PontenovaActualidade

Esixen explicacións sobre por que A Pontenova non pedíu servizo contraincendios

Por 12 Xullo, 2019Sin comentarios

O Partido Popular de A Pontenova pide que o alcalde desta localidade, o socialista Darío Campos, explique publicamente os motivos polos que non soliticou adherirse ao convenio de colaboración que pon a disposición dos Concellos a Xunta de Galicia para reforzar o servizo municipal de prevención e extinción de incendios. 
Para o voceiro popular, David Álvarez, “isto é moi grave e non existe ningunha razón que xustifique esta decisión”. Tal é así que lamenta que “o alcalde deixe tirados así aos veciños”. “Estamos nunha época e nunha zona na que a masa forestal é moi importante, polo que ante un posible incendio, as consecuencias poden ser fatais. Calquera alcalde no seu sano xuízo aceptaría todos os servizos que se ofrezan para reducir os lumes, procedan estes da Xunta, do Goberno, ou de onde sexa”, indica.
Álvarez atribúe esta decisión a que “Campos non prioriza aos veciños”. “O que está mirando é quen concede estas axudas. Como a Xunta non lle interesa, rexeita o convenio. É unha mágoa que un alcalde teñan tan pouca altura política”, remarca, ao tempo que indica: “xa vemos a atención e o que lle importa o Concello a Campos, e iso que agora vai ter máis tempo para el, ao ter só a responsabilidade de alcalde”. 
Por este motivo, considera que o rexedor debe dar explicacións aos veciños da non adhesión, pois o Goberno galego “non discrimina a ninguén”. Todos os municipios que a solicitan, “son aceptados nas mesmas condicións e reciben os mesmos medios”, polo que “se A Pontenova non ten brigadas ou motobombas é porque o alcalde non quixo”, matiza Álvarez.
Concretamente, o Executivo de Feijóo achega un investimento de máis de 3 millóns de euros á provincia destinados á contratar o persoal que conforma as brigadas municipais, apoiar o funcionamento das motobombas e/ou financiar a execución de desbroces.