Skip to main content
Cervo

Inaugurada a exposición A Mariña Somerxida nas Carboeiras de Sargadelos

Por 12 Xullo, 2019Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Quedou inaugurada a mostra A Mariña Somerxida, tras un acto no que participaron o rexedor, Alfonso Villares, e a e edil de Medio Ambiente, Mali Méndez; e que se pode visitar ata o 31 de xullo na sala de exposicións das Antigas Carboeiras de Sargadelos, de martes a sábado, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
A exposición fotográfica, obra de Hugo Fernández e Carlos Gil e única na Mariña Lucense, está composta por cincuenta instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo. É unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida.
O visitante poderá así coñecer a arte dos oficios mariñeiros e as diferentes formas de vida ligadas ao mar; a importancia dos  seus recursos e os incribles habitantes do mesmo.

Pretende ser un referente para a concienciación e divulgación mariña; xa que para poder conservar o patrimonio natural e as especies únicas que temos nas nosas augas, primeiro é necesario coñecer o que vive somerxido na Mariña.