Skip to main content
ActualidadeCervo

O Ceip de Cervo está en proceso de rehabilitación

Por 12 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo está a colaborar coa dirección do CEIP de Cervo na retirada e traslado de diferente material informático e deportivo ante o inminente comezo das obras de rehabilitación integral do centro.
O rexedor, Alfonso Villares, que se achegou ata o centro en compañía da concelleira de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, quixo reiterar o seu agradecemento á Consellería de Educación da Xunta de Galicia por esta importantísima actuación para a que destina preto dun millón de euros (943.380,87 euros concretamente), “que permitirá a toda a Comunidade Educativa desfrutar dun centro moderno cunha instalacións completamente renovadas que redundará tamén na mellora do servizo que se presta desde o ano 1983 cando foi inaugurado o centro”
En concreto, actuarase na carpintería exterior e interior (fiestras, portas, persianas), mellorarase o illamento das fachadas e executaranse traballos de albanelería; substituiranse as luminarias existentes por outras de baixo consumo con regulación lumínica e detectores de presenza, incidindo na mellora da eficiencia enerxética coa instalación tamén dunha nova caldeira de biomasa. Ademais, están previstos traballos xerais de acondicionamento interior (falsos teitos, reparación de tabiques, pintado de aulas, novo sistema eléctrico). O proxecto tamén inclúe a instalación dun ascensor para 8 persoas (ata o de agora non había) co que se incidirá na mellora da accesibilidade e a renovación dos aseos, entre outras actuacións.