Promoven a posta en valor do Stonehenge galego ubicado en Barreiros

Os veciños son os máis interesados en preservar o denominado Stonehenge galego, que é o círulo lítico da Roda, en Barreiros. Principalmente cada verán, organizan visitas guiadas ata o lugar para dalo a coñecer e que non caia no esquecemento perante as adminitracións. Para saber cando programarán excursión sería convinte contactar co Concello de Barreiros e a súa área de turismo, no teléfono 982.134.400.

Un dos principais valedores deste vestixio é o profesor de historia Emilio Piñeiroá. O xacemento arqueolóxigo de A Roda está situado en Santiago de Reinante, en Barreiros, moi preto da praia das Catedrais.

Segundo indica o profesor nos dípticos editados é fundamental conservar este patrimonio cultural, protexelo e garantir a súa transmisión ás xeracións futuras. E esta é unha tarefa, segundo considera, na que todos teñen que participar.

A IDADE DO BRONCE. O xacemento está datao no Bronce Medio (séculos XVII e XVI a.C.). Está formado por unha planta circular, cun recinto interior de 34 metros de diámetro pechado por un parapeto cunha anchura media de 4,5 metros e unha altura máxima 1,5 metros, aínda que a súa altura orixinal puido acadar os 2 metros. O parapeto está formado por un muro de pedra e no medio recheo de terra e pedras de pequeno tamaño, procedentes da escavación do substrato para a construción dun foxo exterior perimetral de 3,5 de ancho de profundidade. No lado noroeste o foxo e o parapeto están interrompidos por unha zona de acceso ao interior do recinto.

A Idade do Bronce é o periodo intermedio entre a Idade de Pedra Pulida (Neolitco) e a Idade de Ferro. Comeza cos inicios da metalurxia do cobre no Calcolítico (2.200 a.C.) e remata no ano (700 a.C.) nos albores do Castrexo

A vida cotiá estaba marcada polas actividades agropecuarias, a produción artesanal de ferramentas e utensilios de pedra e madeira, a oleria (cerámica), a cestería, o tecido, a moenda de cereais e a introducción a metalurxia

Trátase dun tipo de xacemento único en Galicia e mesmo en España: un circulo lítico da Idade de Broncesimilar a xacementos existentes nas illas Británicas e Irlanda, coñecidos como Henges, dos cales se pensa que tiveron unha finalidade ritual, xa fora de carácter político, social ou relixioso, constituíndo un punto de reunión dos habitanes da zona naquela época

Os poboados eran fortificados, pechados con postes de madeira, primeiro, e logo con murallas de cachotería. No interior destes poboados permanentes as cabanas feitas de madeira, barro e palla, convivirán con outras feitas agora de pedra

Unha parte dos restos arqueolóxicos recuperados deste período son armas como puñas, espadas, alalxırdaspuntas de lanza, así como machados de bronce

Especúlase con que o lugar puído ser destinado a enterramentos individuais xa que aparecen pequenas mámoas que protexen estruturas rectangulares (cistas) onde repousan os restos dun individuo

Os petróglifos, que son un conxunto de gravados rupestres ao aire libre, semellan ser manifestacións de carácter simbólicorelixioso

No círculo lítico de Barreiros fixo unha actuación o arqueólogo Andrés Bonilla, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural Xunta de Galicia, en 2015.

Etiquetas