O 2, 3 e 4 de agosto o Praias de Barreiros C.D. organiza o I Torneo de Fútbol Sala Masculino

O 2, 3 e 4 de agosto o Praias de Barreiros C.D. organiza o I Torneo de Fútbol Sala Masculino 2019.

Este torneo, que se xogará no pavillón municipal, conta con zona de acampada e con moitos premios. Así, o primeiro clasificado levará 1400 euros e un trofeo, o segundo 500 euros e trofeo; o terceiro 200 euros e trofeo; o cuarto 120 euros e trofeo; e os mellores individuais tamén serán agasallados cun trofeo.

As inscricións teñen un prezo de 120 euros, e podese contactar con Borja ou Sergio nos teléfonos 671 200 775 ou 603 482 724.

Desde a organización lembran que no caso de non xuntar os 24 equipos, os premios poderán ser reducidos proporcionalmente á cantidades de equipos participantes.

Etiquetas