O 20 de xullo será o descenso de carrilanas da Pontenova

O 20 de xullo será o primeiro descenso de carrilanas da Pontenova, proba deportiva pertencente ao Campionato federado Galego. Haberá categoría local e o seus correspondentes premios.

Comezará ás 15:30 a 19:30 dependo do número de participantes, aínda que as verificacións comezarán xa pola mañá na praza dos Fornos.

A primeira baixada será a de entrenos, e as dúas seguintes son as mangas oficiais. E farase unha baixada de exhibición.

Pola noita haberá entrega de trofeos e unha cea para os asistentes. Nesta sesión a parte musical estará a cargo dos Os Piñeiros Band e Discoteca Móvil. O prezo da cea será de 16 euros, e ademais haberá zona de acampara de balde, con duchas e baños.

A organización do evento lembra que xa están as autorizacións para que os máis pequenos e menores de idade poidan correr coa súa carrilana pero os que desexen máis información poden poñerse en contacto coa directiva do club Motoreo A Pontenova.

Os concellos de Abadín, Alfoz, Meira e A Pontenova unénse para colaborar na organización desta primeira edición das carrilanas. Abadín acollerá a XVIII edición do seu famoso descenso, facéndoa coincidir coa de Alfoz, que será o seu segundo ano. Meira fará o seu primeiro descenso 21 de xullo e A Pontenova o 20 de xullo.

 

 

 

Etiquetas