A II Holi Wave de Barreiros será o 17 de agosto

A.C. Vos Macanudos, coa colaboración de numerosos patrocinadores, pon en marcha o próximo 17 de agosto, o II Holi Wave de Barreiros. Unha proba non cronometrada onde correndo, andado, disfrazado, vestido de voda, como ti queiras, propon cubrir 5 quilómetros mentres unha choiva de cor irá tiñendo aos participantes con pos , para terminar, ao final da carreira, cun gran festival de música e cor para os participantes.

O po Holi utilizado está formado de materias primas naturais, non é tóxico e é totalmente seguro e biodegradable. O seu único cometido é vestir Barreiros de todas as cores do arco iris e tinguir de xeito total aos participantes desta divertida carreira.

Coa inscripción os participantes recibirán unha bolsiña de pos Holi. Tamén se facilitará un mostrador para adquirir máis durante a proba. Canto máis cor lances aos participantes, mellor.

As inscricións poden facerse na web www.holiwavebarreiros.com/inscripciones ata primeiros de agosto. Tras as inscricións podese recoller o kit formado polo dorsal, unha bolsa de po de cor, unha mochila, unhas lentes de sol e o avituallamiento (auga).

A proba comezará ás 11:00 horas, pero haberá que pasar o acceso ao momento de inicio, que se pechará 10 min antes do comezo. Recomendan que se chegue 45 ou 60 minutos antes para que se poida aparcar e achegar a gozar do ambiente, xa que hai bar e música.

O percorrido de aproximadamente 5 quilómetros, transcorre pola zona de San Bartolo e Remior, na parroquia de San Cosme de Barreiros. Durante todo o traxecto, as persoas participantes poden gozar das paisaxes de mar e monte do municipio.

O punto de saída sitúase no recinto de festividad do San Bartolo, do mesmo xeito que a meta. Os puntos de cor sitúanse aproximadamente cada quilómetro.

Etiquetas