As guerreiras laranxas xa coñecen o calendario de Liga

O Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol vén de comunicarlle aos distintos clubes, así como ás federecións territoriais, o calendario das súas respectivas competicións, de cara á tempada 2019-2020. 

As guerreiras laranxas estrearán a Liga de Primeira o 14 de setembro en Vistalegre co derbi irmandiño coa visita do Poio Pescamar FSF.

Na segunda xornada, a que se disputará o 21 de setembro, xogarán contra o Móstoles, mentres que o día 28 dese mesmo, as burelesas xogarán contra o Majadahonda.

Seguindo cos partidos da primeira volta, xa en outubro, empeza a cuarta xornada, o día 5, contra a Cidade de As Burgas. O día 12 do mesmo mes xogarán contra o Leganés e o 19, contra o Xaloc Alacant A. O último partido de outubro será contra o Jimbee Roldán, o día 26.

Os restantes encontros ata que acabe o ano e por tanto a primeira volta, vanos disputar as laranxas contra o Zaragoza, o Ourense Envialia, o Alcorcón, o Penya Esplugues, o Futsi Atlético Navalcarnero, co Universidad de Alicante, contra o UCAM El Pozo Murcia e contra o Bilbo, contra o cal volverán medirse na última xornada de Liga, o 2 de maio de 2020.

Na páxina web do club, http://www.burelafs.org/noticias, aparece o calendario completo en pdf.

Etiquetas