O Pescados Rubén Burela FS terá xornadas de portas abertas para as categorías cadete e xuvenil

O Pescados Rubén Burela FS terá xornadas de portas abertas para as categorías cadete e xuvenil a vindeira semana, entre o luns e martes, días 22 e 23 de xullo. 

Todos aqueles rapaces que queiran participar poderán inscribirse ata este venres, 19, ás 13.00 horas, na sede do club na avenida Arcadio Pardiñas, número 97 de Burela.

Os horarios de adestramentos serán para os cadetes nados en 2004/2005 luns 22 e martes 23 de xullo ás 18:30 horas; e para os xuveniles nados en 2001 entre agosto e decembro e 2002/2003 os luns 22 e martes 23 de xullo ás 20:00 horas.

Etiquetas