A ala brasileira Tais Alves non seguirá nas filas laranxas do Burela

A ala brasileira Tais Alves Dias Pinto non seguirá nas filas laranxas tras finalizar o seu contrato.

Alves chegou á escuadra mariñá a comezos da tempada pasada para defender o 11 do Pescados Rubén Burela FS como primeira experiencia deportiva fóra do seu país e logo de militar no Ituano seis tempadas.

Desde o Pescados Rubén Burela FS agradecen o seu labor ao longo de destes meses na gran tempada das Guerreiras e deséxanll o mellor nos seus novos proxectos.

Etiquetas