Skip to main content
ActualidadeOurol

Comeza un Taller de autoestima e motivación en Ourol

Por 17 Xullo, 2019Sin comentarios

O xoves día 18 ás 10:30, comeza o Taller de autoestima e motivación, enmarcado dentro do proxecto Enténdote colle a miña man, que se realiza en colaboración coa Asociación de mulleres en igualdade de Burela.
Os talleres desenvolveranse os martes e xoves de 10:30 a 12:30 na segunda planta do Centro Sociocultural de Ourol.

Aquelas mulleres interesadas en participar poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol para anotarse.