Skip to main content
ActualidadeDeportes AMARIÑAXAFoz

O primeiro campus de fútbol do Atlético de Madrid comezou en Foz

Por 17 Xullo, 2019Sin comentarios

Sesenta cativos comezaron o luns as actividades da primeira edición do campus de fútbol do Atlético de Madrid en Foz, que se desenvolverá ata o sábado, día 20. Os participantes proceden de diferentes municipios de A Mariña, de Lugo, A Coruña e Ourense.
A primeira xornada comezou coa entrega das indumentarias oficiais e as instrucións para traballar en equipo e divertirse tamén.
Os participantes contan cun autobús dende Viveiro con paradas diferentes pola Mariña de ida e volta. Trátase dun servizo no que colabora o Concello de Foz.
Ao longo da semana, entrenadores da Academia do Atlético e unha selección de preparadores mariñáns impartirán a metodoloxía do fútbol base do clube madrileño. Farano con entrenamientos organizados por idades e niveis, contando con entrenos específicos para porteiros.
A metade de semana o grupo desprazarase á praia e o sábado concluirán as actividades coa entrega de diplomas, valoracións individuais e sorpresas, ademais de hinchables, slides e outras actividades.
O coordinador do campus, Borja Collar, comentou: “estamos muy contentos con la acogida recibida. Es un proyecto que se inicia y queremos que se asiente paso a paso en A Mariña. Los chicos muestran mucha ilusión y atención en las tareas y desde el staff técnico y la organización les daremos todos los ingredientes para un gran disfrute y formación durante esta Experiencia Atlética.”