III edición de Retroclásicos Barreiros en agosto

A III edición de Retroclásicos Barreiros está confirmada para o 24 de agosto, pero este ano mudará de ubicación a praia de Coto, en San Pedro de Benquerencia.

Como sempre, haberá música, servizo de bar, exposicións, ruta, comida, premios, agasallos aos inscritos… E un sen fin de sorpresas máis

Xa están abertas as inscricións, cun prezo de 25 euros, ben sexa a través da conta de Facebook, enviando unha mensaxe privada, ou a través dos teléfonos de contacto Pedro 697 356 090 e Diego 603 511 097

O 24 de agosto esperán un día incomparable, para gozar dos clásicos, nunha comarca inigualable como é a costa e as praias de Barreiros.

Etiquetas