Skip to main content
ActualidadeBurelaDeportes AMARIÑAXA

Publicado o calendario da liga da División de Honra Xuvenil de Fútbol Sala

Por 18 Xullo, 2019Sin comentarios

O Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol vén de comunicar aos distintos clubes, así como ás federacións territoriais, o calendario da División de Honra Xuvenil de Fútbol Sala de cara a vindeira tempada. 
O calendario pódese consultar no enlace https://www.rfef.es/noticias/division-honor-juvenil-futbol-sala-ya-tiene-su-calendario, como sinalaron dende a sociedade deportiva de Burela.
O día 9 de novembro comeza a primeira volta nun día no que o Burela viaxará para enfrontarse co Parrulo, contra o que volverá xogar o 25 de xaneiro no comezo da segunda volta. A tempada remata o 21 de marzo, cando o Burela se enfrontará ao Vigo.