Xornadas de portas abertas para cadetes e xuvenís en Burela

Aínda está aberto o prazo para participar nas xornadas de portas abertas do Pescados Rubén Burela FS para as categorías Cadete e Xuvenil que se desenvolverán o luns 22 e o martes 23 de xullo.

Todos aqueles rapaces que queiran participar poderán inscribirse ata o venres 19, ás 13.00 horas, na sede do club, ubicada na avenida Arcadio Pardiñas, número 97, na entreplanta e na localidade de Burela.

O horario de atención ao público fixouse de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

E polo que respecta aos horarios dos adestramentos, para a categoría cadete, isto é, os nados en 2004 e 2005, serán o luns 22 e martes 23 de xullo, ás 18.30 horas. Para a categoría xuvenil, é dicir para os que naceron entre agosto e decembro de 2001 e os nados en 2002 e 2003, o horario de luns e martes é de 20.00 horas.

Etiquetas