O Forte de San Damián en Ribadeo alberga unha mostra de pinturas e sedas

O Forte de San Damián alberga a exposición Raia na Area de Ana Barranco. A mostra presenta obras de pintura e sedas. Permanecerá aberta ata o 31 de xullo e poderá visitarse de 11:30 a 13:30 horas e polas tardes de 18:30 a 20:30 horas.

Ana Barranco é licenciada en Belas Artes pola Facultade de San Carlos de Valencia e traballou para varias firmas de moda onde empezou a interesarse pola estampación téxtil e tratamento de tecidos. Esa labor fíxolle investigar sobre todo a seda e aplicar distintas técnicas utilizadas por pobos de todo o mundo, como as tribus Dogo, os precolombinos ou a aplicación do índigo en Asia que, nalgún caso, seguen utilizándose na actualidade. Deste xeito foi combinando as sedas coas súas obras pictóricas.

A obra que presenta nesta exposición pertence ao tema da memoria, o recordo e o esquecemento e todo o conxunto está marcado pola fraxilidade dos materiais utilizados como metáfora do tema.

Etiquetas