Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

O Vicedo prepara a Festa do Turismo Rural para o 21 de xullo

Por 19 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello do Vicedo está inmerso na preparación dunha das súas principais festividades estivais, como a do Turismo Rural, que terá lugar o 21 de xullo, nos prados do monte de Riobarba.

Haberá concursos e venta de cabalos, comidas campestres e música tradicional. Comezará ás 13:30 horas coa misa na honra de San Vicente de Francos e despois será a degustación de produtos típicos.

Xa pola tarde comezarán as actividades equestres ás 17:00 co campionato, ás 18:30 será a entrega de premios, e ás 19:30 o baile será o peche da xornada festiva.