Os ‘skaters’ xúntanse este sábado en Cervo para dar espectáculo

O Furancho Skate é unha xornada deportiva e de espectáculo que terá lugar este sábado, 20 de xullo, no ‘bowl’ municipal do Parque Reina Sofía de Cervo.

A actividade está organizada polo Club Limosa Surf, coa colaboración do Concello de Cervo, entre outras entidades patrocinadoras.

A actividade, con inscrición de balde, comezará ás 15:00 horas co quecemento dos skaters ‘freeride’, ás 17:00 horas iniciaranse as tandas dos skaters; que se prolongarán durante toda a tarde. A entrega de agasallos está prevista para as 22:30 horas e a continuación haberá concertos na Praza dos Campos.

O teléfono para información e inscrición é o 659 92 54 59.

Etiquetas