Ribadeo acollerá en agosto o oitavo open de pádel Ditram Axa

Pádel Club Ribadeo organiza a VIII edición do Open de Pádel Ditram Axa que se celebrará do 5 ao 11 de agosto.

Vaise disputar nas categorías 1ª, 2ª y 3ª masculina, ademais de en 1ª e 3ª femenina e mixta.

Ata o momento xa se teñen inscrito 24 parellas para participar neste cita deportiva para a que aínda está aberto o prazo de inscrición.

As persoas interesadas poden anotarse a través de www.mistorneosonline.es, na recepción das instalacións de Pádel Club Ribadeo ou no teléfono 650 624 350.

Os premios consistirán en material deportivo para todos os finalistas. Ademáis haberá un sorteo de regalos no acto de entrega dos mesmos.

Pádel Club Ribadeo organiza este Open co patrocinio e a colaboración de Ditram A Mariña en Foz, Axa GT en Ribadeo, Burela e Viveiro, Multitrasteros Ribadeo e Gestión Gratelu.

 

Etiquetas